A biblioteca móbil da Xunta de Galicia regresa ao noso concello! Este mes de maio, a Furgoteca fará parada en diferentes localidades de Sandiás para achegar a lectura a toda a veciñanza… e con agasallo incluído! 🎁🧢

📅 Data: Xoves, 8 de maio
🛣 Ruta 2 – Paradas e horarios:
📍 Cerredelo (xunto á marquesiña) – de 10:00 h a 10:30 h
📍 Sandiás (CEIP e PAI) – de 10:45 h a 13:00 h
📍 Lavandeira e Zadagós (Centro Orixe) – de 15:00 h a 15:30 h
📍 Chousela, A Corga e Cardeita (Escolas da Corga) – de 15:40 h a 16:00 h
📍 Sandiás (ao carón da Casa da Cultura) – de 16:15 h a 17:00 h
📖 Durante toda a xornada, poderás:
✔️ Solicitar o teu carné de usuario/a
✔️ Acceder ao préstamo de libros, revistas, prensa e publicacións periódicas
✔️ Levar contigo videoxogos, películas en DVD, tablets, cómics
✔️ Recibir recomendacións lectoras personalizadas
🎲 Actividade especial:
“3…2…1… acción!” Un reto rápido e divertido para por a proba a túa axilidade mental. Participa e compite por ser a persoa máis rápida de cada parada. O premio? Unha gorra exclusiva da Furgoteca! 🧢✨
📌 Probas a superar:
Crea unha frase coas palabras: pandeireteiras, pano e solpor.
Conta do 5 ao 1 dicindo unha cor diferente entre cada número.
Escribe a palabra “pandeireteira” sen vogais, deixando ocos no seu lugar.
Le ao revés estas palabras: LUAR, AGARIMO, GAITA, SOÑOS.
🚀 Participa, lé, xoga e gaña! A lectura está en movemento… e agárdate en Sandiás.