Novas aventuras na segunda quincena de xullo no campamento Concilia 2024 en Sandiás: conciliación familiar, vida saudable e aprendizaxe dun lecer activo

O Concello de Sandiás iniciou a comezos de Xullo unha nova edición do campamento “Concilia 2024” para este verán. Todas estas as actividades serán  desenvolvidas dende o 1 de Xullo ata o 30 de Agosto, en horario de 9.00 h- 14.00 h. A sede é o Polideportivo Campo S. Nicolás e o Ceip de Sandiás.  Dende as 8.30 estanse a deixar os nenos e as nenas e pódense recoller polos seus familiares ás 14.30 h. En quendas están rexistrados 37 nenos e nenas.

En concreto, na segunda quincena de Xullo, algunhas das actividades que se mostran no álbum de fotografías son: como non podía ser menos os nenos e nenas estiveron moi atentos á Eurocopa e gozaron co triunfo de España,  xornadas refrescantes na piscina, celebración de festa de aniversarios, xogo de marionetas, xogo do brilé, xogo do zapato da sorte, contacontos, entre outras…

 

Trátase dun programa didáctico de múltiples actividades de tempo libre e de promoción cultural destinado a poboación infantil e xuvenil durante dous meses de verán que ten como finalidade favorecer a conciliación familiar, unha vida saudable e posibilitar a aprendizaxe dun lecer activo. A organización das actividades cada día da semana viran ao redor dunha riqueza moi ampla de temáticas: actividades de acollida, xogos de distensión, coreografías, xogos populares, escape room, excursión, contacontos, actividades relacionadas co consumo responsable, manualidades, globoflexia, malabares, karaoke, xogos cooperativos, música e baile e actividades de despedida.

Atelier Social pon a disposición persoal coa formación requerida na convocatoria e para o correcto desenvolvemento das actividades así como materiais didácticos e equipamento necesario. 

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.