Comunícase a toda a veciñanza a concesión de novas axudas e subvencións para o Concello de Sandiás:
- Subvención dentro do Programa Provincial de Cooperación cos Concellos e Mancomunidades para a realización de actuacións de limpezas das marxes das redes viarias municipais para o 2021:
- Concedida pola Deputación Provincial de Ourense
- Publicada no Boletín Oficial da Provincia nº 52, do 5 de marzo do 2021.
- Convenio de Colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Sandiás (no marco disposto na disposición transitoria primeira do decreto 168/2008 do 24 de xullo), polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados da Paz.
- O orzamento do convenio ascende a 9500€.
- O orzamento do convenio ascende a 9500€.
- Subvención do Ministerio de Igualdade segundo o Real Decreto do 17 de novembro, polo que se actualizan as cantidades, criterios e procedemento de distribución das transferencias para o desenrolo de novas ou ampliadas competencias reservadas as entidades locais no Pacto de Estado en materia de violencia de xénero.
- Publicouse no Boletin Oficial do Estado do día 18 de novembro de 2020.
- Publicouse no Boletin Oficial do Estado do día 18 de novembro de 2020.
- Subvención da Deputación Provincial de Ourense, dentro do Programa de Cooperación BenOurense Infancia para a concesión de subvencións para os Puntos de Atención á Infancia (PAI) para o exercicio 2021.
- A subvención ascende a 7777,78 €.
- Publicouse no Boletin Oficial da Provincia N.º 48 de 14 de marzo de 2021.
- Subvención da Deputación Provincial de Ourense dentro do Programa Provincial de Cooperación cos Concellos en materia de empregabilidade para o exercicio 2021.
- A subvención ascende a 20000€
- Publicouse no Boletin Oficial da Provincia N.º 52 de 5 de marzo de 2021.
- Subvención da Deputación Provincial de Ourense dentro do Programa Provincial de Cooperación cos Concellos en materia de Mocidade para o exercicio 2021.
- Ascende a 6000€.
- Publicouse no Boletín Oficial da Provincia nº 52 do 5 de marzo do 2021.
Podes descargar os anuncios completos premendo nas seguintes ligazóns.