O pasado 24 e 25 de Outubro membros do GDr Limia-Arnoia e alcaldes desenvolveron en Somiedo (Asturias) un amplo programa de visitas coa finalidade de formarse e así intentar facer mellor o traballo encomendado.
O programa Mixturando é unha iniciativa colaborativa que busca desenvolver novas estratexias para a valorización do bosque mixto atlántico en Galicia e en Asturias e financiado pola Fundación Biodiversidad. no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, financiado polos fondos Next Generation EU. A participación do GDR Limia-Arnoia no proxecto Mixturando é importante para implementar estratexias que integran a conservación ambiental co desenvolvemento económico e social. A través da colaboración con actores locais e a aplicación de modelos innovadores de xestión forestal, búscase asegurar un futuro sostible para o bosque mixto atlántico e para as comunidades que dependen del.
A visita guiada realizada polo alcalde de Somiedo e a xerente do GDR Camín Real de la Meda mostraron como a gandaría extensiva de vacún é a que permite manter o valor ambiental e económico do Parque Natural de Somiedo. Como complemento da visita estiveron na Casa do Oso, val de Saliencia, visita ao mirador xeolóxico do Alto da Farrapona, visita ao Ecomuseo de Somiedo “La Casa”, avistamentos de fauna no Parkin La Peral e visita ao proxecto de restauración ambiental para descontaminar escombreiras da antiga mina de mercurio “María de la Encarnacón” en Canedo.