O alcalde de Sandiás e voluntarios de Protección Civil do Concello participaron nas VII Xornadas de Convivencia de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ourense” en Pereiro de Aguiar. Estiveron representadas medio milleiro de voluntarios de Protección Civil, pertencentes a 65 agrupacións de toda España.
Durante o acto de presentación contouse coa presenza de Martín e Lucía González Agra alumnos destacados do Conservatorio Profesional de Música de Ourense e que agasallaran coa súa actuación de guitarra.
Nos talleres colaboraron empresas e organismos como os bombeiros da Mancomunidade de Terra de Celanova, que mostraron as técnicas de control da avespa velutina. Os asistentes tamén disfrutaron grazas as empresas Fast Autos e Marvic, dun clásico coche de ralis, o Ford Escort MK I, dentro do taller sobre seguridade neste tipo de probas deportivas de velocidade.
Os voluntarios das AVPC de Castrelo e Ourense fixeron prácticas de rescate acuático co emprego de moto acuática. Na presentación de novidades de material de emerxencias e protección civil, participarán empresas como Peycar, Air Box, Misutonida, Urbantech e Clickfer Gorgoso.
Tamén houbo exhibición de vehículos, un viaxe en catamarán e unha gran comida organizada polo Concello de Pereiro de Aguiar. Con esta Xornada de Convivencia pretendese poñer en valor o gran traballo que realizan as Agrupacións de Voluntarios/as de Protección Civil ao longo de todo ouano, ademáis do intercambio de experiencias.
Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.