O alcalde Felipe Traveso participou na reunión do GDR Limia-Arnoia sobre a natureza, agro, comercio e turismo ornitolóxico

A semana pasada, o 14 de febreiro, o GDR Limia-Arnoia reuniuse cos concellos que forman parte do grupo para acordar a creación dun consorcio que facilite a captación de fondos estatais e europeos. O obxectivo é seguir traballando nas estratexias para o territorio en diferentes ámbitos: agro, natureza, comercio e turismo.

O alcalde de Celanova, Antonio Puga, deu a benvida á reunión, e o presidente do GDR, Gumersindo Lamas, presentou novas propostas como Mixturando ou RuralMente.

No ámbito das estratexias turísticas, a reunión de alcaldes e alcaldesas serviu para expoñer os resultados da convocatoria Leader, que acadou un 95 % de execución dos fondos por parte do GDR Limia-Arnoia, e para presentar novos proxectos liderados pola asociación en convenio coa Axencia de Turismo de Galicia, no marco dos xeodestinos A Limia e Allariz-Maceda.

No caso da Limia, onde se sitúa o Concello de Sandiás, os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer a nova páxina web do xeodestino e a súa especialización no turismo ornitolóxico, que inclúe unha base de datos con 80 especies de aves. Ademais, propuxéronse varias novas liñas de actuación para o futuro próximo.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.