Dende o mércores, 19 de Febreiro ata o próximo 24 marzo poderease visitar na Sala de Exposicións do Centro de Interpretación da Lagoa de Antela a exposición (11 paneis de 60x 1,60). A exposición é totalmente gratuita e está aberta a toda a comunidade, especialmente a comarca da Limia.
- Presentación didáctica da exposición
- Visita guiada a exposición
- Entrega dun Informe sobre a situación dos insectos e medidas concretas para a súa conservación
- Degustación de mel de abella Santa Mariña da aldea de Piñeira de Arcos.
Este mércores, 19 de marzo, visitaron a exposición os alumnos e alumnas de infantil e primaria do CEIP de Sandiás. Tiveron unha visita guiada por cada un dos paneis. Os nenos e nenas de infantil acompañados polos seus educadores descubriron mundos novos con estes pequenos seres vivos, cores e formas moi chamativos e fixeron moitas preguntas. Ao final probaron mel de abella e o seu sabor gustoulles moito.
Os máis maiores, tiveron tamén unha visita guiada máis detallada. Cada alumno tiña que investigar nas informacións aportadas polos paneis as respostas a unha pregunta. En total dezaoito preguntas magníficamente respondidas coa axuda dos compañeiros e educadores e expostas diante dos seus compañeiros. Tiveron tamén oportunidades de preguntar dúbidas, curiosidades, etc.
Por último, suxeriron de maneira moi creativa situacións onde experimentaron boas sensacións no contacto cos insectos como gozar do son do seu aleteo, telos na man, escoitar o canto dos grilos nunha noite de verán, observar unha libélula no rio, etc. Así mismo propuxeron varias accións sinxelas para aplicar no día a día e preservar a vida destes seres vivos in-visibles pero tan importantes para os nosos ecosistemas. Da mesma maneira que os pequenos, ao terminar probaron mel de abella Santa Mariña da aldea de Piñeira de Arcos. Algúns repetiron ata tres veces.
Este exposición é unha invitación para reflexionar sobre a importancia do pequeno na conservación do noso patrimonio natural e a posibilidade de unir forzas ante os desafíos ecosociais. A pesar do seu valor ecolóxico, o seu pequeno tamaño relegounos á indiferenza ou a súa destrución. Sen protección específica, foron ignorados como elementos crave nos ecosistemas para a biodiversidade e a regulación climática. A súa desaparición afecta a especies minorizadas que dependen deles, como os anfibios, o grupo de vertebrados máis ameazado do planeta.