O CEIP de Sandiás comeza o curso coa música infantil galega de Maria Faltri e o seu picadiscos e biblioteca ambulante

O vindeiro mércores, 18 de Setembro, ás 12:30 horas, o alumnado, pais, nais e avós que queiran achegarse e os educadores do Ceip de Sandiás dan comezo simbólicamente o curso coa música infantil galega de Maria Faltri e o seu “Picadiscos” e a súa Biblioteca Ambulante.

María Faltri é unha das grandes referentes da música infantil galega que trae o seu orixinal Picadiscos. Un espectáculo onde os cativos e cativas poderán cantar, bailar e xogar mentres descobren a mellor música infantil galega. Unha combinación perfecta de diversión e aprendizaxe que tamén inclúe unha pequena biblioteca ambulante.

María ten tamén unha ampla experiencia no mundo da animación cultural, un ingrediente perfecto para que o público miúdo xogue, se divirta e aprendan as cancións da man dos libros da súa pequena biblioteca ambulante.

Prepárate para pasalo en grande!

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?