O Concello de Sandiás abre o proceso de contratación de 4 peóns e 1 coordinador/a para o proxecto de xestión e limpeza de biomasa

O Concello de Sandiás vén de publicar as bases para a contratación de catro peóns e unha persoa coordinadora para o desenvolvemento do proxecto de “Xestión e limpeza de biomasa”, ao abeiro do programa Galicia Suma Talento: Rural Activo, promovido pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Os contratos realizaranse a xornada completa e terán unha duración de nove meses, mediante a modalidade de contrato de mellora da ocupabilidade e inserción laboral.

As persoas interesadas deberán estar inscritas como demandantes de emprego e cumprir os requisitos establecidos nas bases da convocatoria. No caso da praza de coordinador/a, requírese ademais titulación de ciclo superior de FP ou outra titulación superior relacionada co ámbito forestal e do medio natural.

O proceso de selección realizarase entre as persoas remitidas pola oficina de emprego correspondente e valorarase especialmente a pertenza a colectivos con especiais dificultades de inserción laboral, así como as cargas familiares e o nivel de protección por desemprego.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.