A instalación fotovoltaica para a estación de tratamento de auga potable (ETAP) no Concello de Sandiás e situada no Tesiño (aldea de Cardeita) faise o amparo da Orde do 28 de Decembro de 2023 e da liña de concorrencia competitiva do Fondo de Compensación ambiental para o ano 2024 cun orzamento total de 37.485,80 euros. Operarios especializados pertencentes a empresa ELYTE XINZO SL levan a cabo os traballos de instalación.
As actuacións pretenden a instalación de placas fotovoltaicas de 500 watios co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxéticas das instalacións de abastecemento de auga mediante a utilización de enerxías renovables evitando a degradación ambiental e acadando unha mellora mediante a reducción das emisións de gases de efecto invernadoiro á atmósfera así como un aforro económico importante tanto por mantemento da instalación como por factura enerxética. Así mesmo garántese con maior seguridade o funcionamento das instalacións e mellóranse as condicións de vida dos veciños e veciñas ao dotar á zona de novas infraestruturas básicas relacionadas co abastecemento público.