O Concello de Sandiás aposta polas enerxías renovables instalando placas fotovoltaicas na estación depuradora de augas Residuais da aldea de piñeria de arcos cun orzamento de preto de 40.000 euros

A instalación fotovoltaica para a estación Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) no Concello de Sandiás e situada na aldea de Piñeira de Arcos faise o amparo da Orde do 28 de Decembro de 2023 e da liña de concorrencia competitiva do Fondo de Compensación ambiental para o ano 2026 cun orzamento total de 37.579,96 Euros. Operarios especializados pertencentes a empresa ELYTE XINZO levan a cabo os traballos de instalación.

As actuacións pretenden a instalación de placas fotovoltaicas de autoconsumo de 15 kw co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxéticas das instalacións de abastecemento de auga mediante a utilización de enerxías renovables evitando a degradación ambiental e acadando unha mellora mediante a reducción das emisións de gases de efecto invernadoiro  á atmósfera así como un aforro económico importante tanto por  mantemento da instalación como por factura enerxética. Así mesmo garántese con maior seguridade o funcionamento das instalacións e mellóranse as condicións de vida dos veciños e veciñas ao dotar á zona de novas infraestruturas básicas relacionadas co abastecemento público.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.