O CONCELLO DE SANDIÁS COLABORA UN ANO MÁIS COA AMPA E PARA OS LIBROS DE TEXTO DAS FAMILIAS DOS NEN@S DO CEIP DE SANDIÁS APORTANDO 4.800 EUROS

Unha primeira subvención directa foi destinada a Ampa (Asociación de Pais e Nais de alumn@s San Nicolás) do Ceip de Sandiás co proxecto de actividade: servizo de atención temperá no Ceip de Sandiás por unha cantidade de 3.200 euros. Neste senso, o concello continúa coa súa política social destinada a favorecer o máis posible a conciliación da vida familiar e laboral dos país/nais dos alumnos/ as.

Unha segunda subvención para o curso 2025-2026 foi destinada a axuda ao centro para a realización da excursión de fin de curso 2025 coa aportación de 350 euros.

 Por último, unha axuda ás familias para a compra de libros de texto e material escolar para os nenos e nenas do Ceip de Sandiás. Alumnos e alumnas do centro víronse beneficiados da concesión de dita axuda por un importe de 1.250 euros. Esta axuda sitúase no contexto de favorecer medidas no ámbito socio-económico en relación coas familias.

Sempre implicados coa educación¡¡

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?