O Concello de Sandiás colabora un ano máis coa AMPA para os libros de texto das familias dos nenos do CEIP de Sandiás aportando 4600 euros

Unha primeira subvención directa foi destinada a AMPA (Asociación de Pais e Nais de Alumn@s San Nicolás) do CEIP de Sandiás co proxecto de actividade: servizo de atención temperá no CEIP de Sandiás por unha cantidade de 3200 euros. Neste senso, o concello continúa coa súa política social destinada a favorecer o máis posible a conciliación da vida familiar e laboral dos pais/nais dos alumnos/as.

Unha segunda subvención para o curso 2023-2024 vai destinada a unha axuda ás familias para a compra de libros de texto para os nenos e nenas do CEIP de Sandiás. Vinte e oito alumnos e alumnas do centro víronse beneficiados da concesión de dita axuda por un importe de 1400 euros. Esta axuda sitúase no contexto de favorecer medidas no ámbito socio-económico en relación coas familias.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.