O CONCELLO DE SANDIÁS COLABORA UN ANO MÁIS COA ANPA PARA OS LIBROS DE TEXTO DAS FAMILIAS DOS NEN@S DO CEIP DE SANDIÁS APORTANDO 4.450 EUROS

Unha primeira subvención foi destinada a ANPA (Asociación de Nais e Pais de Alumnado San Nicolás) do CEIP de Sandiás, co proxecto de actividade de servizo de atención temperá no CEIP de Sandiás, por unha cantidade de 3.200 euros.  Neste senso, o Concello continúa coa súa política social destinada a favorecer a conciliación da vida familiar e laboral dos pais e nais do alumnado.

 

Unha segunda subvención para o curso 2024/2025 vai destinada a unha axuda ás familias para  a compra de libros de texto para os nenos e nenas  do  CEIP de Sandiás. Vinte e cinco alumnos e alumnas do centro beneficiáronse desta axuda, cun importe total de 1.250 euros. Esta axuda enmárcase dentro das medidas socioeconómicas a favor das familias.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.