O Concello de Sandiás instala 60 paneis informativos nas distintas aldeas

O Concello de Sandiás está a instalar de maneira progresiva 60 paneis informativos de madeira tratada en diferentes puntos estratéxicos das distintas aldeas do concello. O obxectivo da instalación é que sirvan de soporte renovado a bandos, avisos, cartelería, necrolóxicas e outro tipo de publicidade e dotar aos veciños e veciñas de novos espazos para a información, a comunicación e a publicidade e que poidan así acceder a ela de maneira sinxela e rápida.

Por outra banda, a colocación destes paneis informativos pretende evitar que se ensucien as fachadas dos inmobles, postes, marquesiñas, vivendas de propiedade privada, entre outras, onde é habitual que se colguen informacións, publicidade e necrolóxicas de anuncio de funerais. Desta maneira, ao mesmo tempo que se concentra a información en puntos concretos mellórase no posible a funcionalidade, a limpeza de infraestruturas e a estética.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.