O Concello de Sandiás, a través do P.A.I. municipal, organiza a proposta “Instalacións pedagóxicas de xogo”, unha actividade sensorial pensada para a primeira infancia e para compartir tamén en familia.
Trátase dunha proposta educativa baseada no xogo libre e na exploración espontánea, na que se ofrecen materiais variados sen un uso fixo determinado. A través de elementos como teas, caixas, aneis, pezas de madeira ou obxectos naturais, os bebés poderán experimentar cos sentidos, desenvolver a creatividade, mellorar a coordinación e favorecer a súa autonomía.
A actividade busca crear un espazo seguro, acolledor e estimulante, no que cada neno e nena poida interactuar co entorno ao seu propio ritmo, descubrindo novas formas de xogar, expresarse e relacionarse.
A sesión estará dinamizada por Getsemaní Valenzuela e terá lugar o venres 5 de xuño, ás 17:30 horas, no P.A.I. de Sandiás.
Datos da actividade:
- Día: venres 5 de xuño
- Hora: 17:30 h
- Lugar: P.A.I. de Sandiás
- Animadora: Getsemaní Valenzuela