O Concello de Sandiás organiza a I Xornada Informativa sobre xestión da biodiversidade vexetal dentro do programa “Aldeas Seguras

O Concello de Sandiás celebrará o vindeiro venres 8 de maio, ás 20.30 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Sandiás, a I Xornada Informativa sobre xestión da biodiversidade vexetal, unha iniciativa enmarcada dentro do programa “Aldeas Seguras”.

A xornada abordará cuestións fundamentais relacionadas coa limpeza e xestión das faixas de protección arredor das vivendas, coa finalidade de mellorar a prevención de incendios, protexer ás persoas e contribuír ao coidado da contorna natural.

Durante a sesión explicaranse aspectos como as obrigas de limpeza, os prazos establecidos pola normativa, as responsabilidades da veciñanza e do Concello, así como as medidas preventivas e actuacións previstas ante posibles incumprimentos.

Ademais, tamén se tratarán cuestións relacionadas coa seguridade, a salubridade pública, a protección da biodiversidade e a organización dos traballos de limpeza nas zonas de maior perigosidade.

A xornada contará coa participación de:

  • Fernando Gándara, presidente de Protección Civil de Sandiás
  • Tomás Báez, bombeiro forestal
  • Felipe Traveso, alcalde do Concello de Sandiás
  • José Manuel Gómez “Cazolas”, presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Piñeira de Arcos

Ao remate abrirase unha quenda de rogos e preguntas para resolver dúbidas da veciñanza.

📅 Venres, 8 de maio
🕣 20.30 h
📍 Salón de Actos da Casa da Cultura de Sandiás

 
Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.