O Concello de Sandiás, a través do P.A.I. municipal, organiza o obradoiro “Música e movemento en familia”, unha proposta pensada para compartir un momento especial entre nenos, nenas e familias a través da música, a danza, os contos e o xogo.
Esta actividade busca crear un espazo participativo e creativo no que as familias poidan achegarse á literatura infantil e á expresión corporal dun xeito diferente, favorecendo a conexión, a imaxinación e o goce compartido.
O obradoiro estará dinamizado por Getsemaní Valenzuela e celebrarase o venres 5 de xuño, ás 17:30 horas, no P.A.I. de Sandiás.
Unha oportunidade para vivir a música en familia, moverse, escoitar, xogar e crear lembranzas compartidas nun ambiente próximo e acolledor.
Datos da actividade:
- Día: venres 5 de xuño
- Hora: 17:30 h
- Lugar: P.A.I. de Sandiás
- Animadora: Getsemaní Valenzuela