O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, mantiveron o pasado luns 15 de Xaneiro, unha reunión de traballo con alcaldes e representantes dos dez novos concellos que se propoñen para incorporar a un terceiro roteiro de A Furgoteca.
En representación do Concello de Sandiás estivo presente o concelleiro de Cultura e Educación, Pepe Gándara. Os dez municipios que se suman ao novo roteiro poderán ofrecer aos veciños o acceso a un amplo catálogo de libros, películas, prensa, música, xogos e publicacións periódicas sen necesidade de desprazarse e ao longo de todo o ano. O programa pretende desenvolverse de forma permanente ao longo dos anos seguindo diferentes roteiros establecidos en cada concello