O Concello de Sandiás presente na presentación do plan da Xunta para intensificar a calidade e sustentabilidade dos recursos turísticos públicos en torno ao Camiño de Santiago implementando e certificando a Q de Calidade a S de Sustentabilidade

O Xefe da área Provincial de Turismo de Ourense, Cecilio Santalices, Enrique Pérez, Xefe da área de Calidade de Turismo da Xunta e o director xeral do Instituto para a Calidade Turística Española e a Sustentabilidade (ICTES), Fernando Fraile, abriron o martes 23 de Abril no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense as xornadas informativas para presentar o plan do Goberno autonómico para intensificar a calidade e sustentabilidade turística no Camiño de Santiago. É unha das medidas do Plan de Acción de Calidade e Sustentabilidade Turística 2024 da Xunta de Galicia que conta cun investimento global de máis de 500.000 euros.

Consiste o plan en apoiar a implementación e certificación da S de Sustentabilidade Turística e Q de Calidade Turística en distintos recursos de xestión pública (museos, centros de interpretación, espazos naturais…) vinculados co Camiño de Santiago en cada concello.

Con este novo Plan de Acción, o Goberno autonómico  pretende avanzar xunto cos concellos na busca da excelencia do destino turístico con cada vez máis establecementos e servizos turísticos certificados pola súa calidade e aposta pola sustentabilidade.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?