Os pasado xoves día 30 no Centro Cultural Marcos Valcarcel (Ourense) levouse a cabo o curso “Saber doar. A axuda humanitaria desde os concellos”, onde participaron as concelleiras de Sandiás María José Manso de Economía e Medio Ambiente e Pilar Cabrera de Política Social e Participación Cidadá. O curso estivo organizado polo Fondo de Cooperación e Solidaridade ao que pertence o concello e foi impartido por Camille Nussabaum do IECAH (Instituto de Estudios sobre Conflictos y Acción Humanitaria) cunha metodoloxía práctica e participativa.
Ten sentido acumular comida e roupa para as persoas afectadas por unha emerxencia? Pode un concello fletar un autobús e ir buscar xente a países en guerra?. Qué doacións pedir con urxencia?… España conta cunha longa tradición de solidaridade internacional nas emerxencias e os concellos e deputacións desempeñan un papel clave a hora de canalizar dita solidaridade, especialmente en momentos de crise humanitaria. Con todo, a boa vontade non garante as iniciativas que se leven a cabo, por iso este curso proporciona a cargos políticos e persoal técnico da administración local e de asociación unha ferrameneta con indicacións claras que poidan orientar a axuda como a dos cidadáns que aportan e facelo con responsabilidade e eficacia.
O contido xirou en torno a varios módulos: unha axuda basada en dereitos (módulo 1), que pode facer o meu concello en axuda humanitaria (módulo 2), como actuar cando hai unha emerxencia humanitaria (módulo 3) e como orientar a solidariedade cidadá ante as emerxencias (módulo 4).
En definitiva hai oito piares básicos nos que debemos basearnos para facerlle fronte a unha emerxencia: recoñecer que as persoas afectadas deben estar non centro, priorizar as doacións en efectiva fronte as que son en especies, diferenciar entre iniciativas humanitarias e as que non son, ser conscientes dos impactos negativos, demandar transparencia e rendición de contas, informarse de forma ampla do contexto da crise e ser conscientes de que unha institución por si soa non pode afrontar unha crise.