O Concello de Sandiás remitiu á Xunta de Galicia un escrito de alegacións ao proxecto da planta de tratamento de residuos e produción de biometano prevista en Xunqueira de Ambía, ao situarse moi próxima ao noso termo municipal.

Tras analizar a documentación e o informe técnico municipal, considérase que o proxecto podería ter impacto sobre:

🔸 As infraestruturas e camiños municipais polo aumento do tráfico pesado.
🔸 As masas de auga da Limia e os acuíferos utilizados para rega e abastecemento.
🔸 A poboación, pola posible contaminación atmosférica e emisión de cheiros.
🔸 O solo rústico agrícola, de alta produtividade na contorna.

Por estes motivos o Concello solicitou unha avaliación máis exhaustiva, maior precisión técnica e garantías ambientais antes de continuar coa tramitación do proxecto.

A defensa do territorio, do medio ambiente e da calidade de vida da veciñanza segue a ser unha prioridade para o Concello de Sandiás.

Podes consultar o documento completo de alegacións no seguinte enlace:

https://www.sandias.es/wp-content/uploads/Escrito-de-alegacions-no-expediente-ambiental-2024-IPPC-I-153.pdf

 

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.