O Concello de Sandiás quere sumarse á conmemoración do Día Mundial da Miastenia, expresando a súa solidariedade coas persoas afectadas por esta enfermidade e coas súas familias.
Nesta xornada, reafirmamos o noso compromiso coa sensibilización, a visibilización e o apoio a quen convive coa miastenia, promovendo unha sociedade máis informada, inclusiva e solidaria.