O concello de Sandiás “viste” paso a paso o seu pavillón polideportivo despois do recente peche e ampliación cun presuposto de preto 21.000 euros

Despois das obras do  peche e ampliación do pavillón polideportivo do Concello de Sandiás cun investimento de preto de 400.000 euros, agora trátase de polo a punto para que escolares, veciños e veciñas e poboación da comarca poda utilizar de xeito progresivo os seus servizos.

Para iso, o Concello de Sandiás coa subvención de 17.6000,98 Euros da Deputación de Ourense adquiriu un equipamento básico para o ximnasio consistente nunha cinta de correr, elíptica, bicicleta estática vertical, multiestación, espaldera de 8 banzos, mancuernero, chan tatami de ximnasio, banco de musculación, barras, discos e esterillas. Por outra banda, coa achega de 3.3625 Euros por parte do Concello adquiríronse bancos e armarios.

O polideportivo ademáis do peche perimetral e ampliación, conta xa cunha pista polideportiva, con duchas, vestiarios e un ximnasio. A finalidade da obra é favorecer un uso polivalente por parte dos rapaces do Punto de Atención Infantil, do Ceip de Sandiás e da veciñanza das distintas aldeas do concello. As novas infraestructuras suporán para o servizo da poboación unha infraestructura de calidade para a mellora do benestar físico en relación co corpo e a saúde así como por en marcha e dinamizar a pouquiños unha rica e variada proposta deportiva no rural.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.