Hoxe mércores 25 de Febreiro Cristina, coordinadora do PAI de Sandiás e Pepe Gándara, concelleiro de cultura acompañaron o precioso acto para celebrar o primeiro aniversario do proxecto lector da Furgoteca que tivo lugar no Ceip de Ramirás.
Participaron como público os centros educativos e educadores de Muiños, Ramirás e Padrenda así como a Asociación Limisi de Xinzo de Limia. Actuou o meigo e ilusionista Kenneth que no acto “Ler para crer” tratou de animar a descubrir a maxia da lectura mediante a arte do imposible. E abofé que o conseguiu¡¡¡
Tamén estiveron presentes Montse e Reme Cid coordinadoras concretas da Furgoteca Ourense-Occidental, Alba, a xefa do servizo da Xunta, a responsable da Biblioteca Nós en Ourense e Sandra, xefa territorial de cultura que na mensaxe os nenos e meniñas díxolles que temos que celebrar que os libros están o noso alcance, que nos fan soñar, aprender e viaxar a novos mundos.







