O mércores, 27 de abril, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, reuniuse co alcalde de Sandiás, Felipe Traveso. O rexidor trasladou ao representante do goberno autonómico as principais necesidades municipais e os novos proxectos no ámbito das competencias da Xunta de Galicia.