O vindeiro 5 de xullo de 2025 celebrarase unha nova edición do Trail & Andaina Montes de Sandiás, que chega xa á súa oitava convocatoria con máis forza ca nunca.
Un evento pensado para todas as idades e niveis, que combina natureza, deporte e convivencia. Se queres participar ou vir animar, toma nota de toda a información!
HORARIOS
Andaina: saída ás 17:00 h
Trail: saída ás 18:00 h
Carreira infantil: ás 21:00 h
Entrega de trofeos: ao remate das probas
PREZOS
(Lembramos que as persoas empadroadas en Sandiás participan de balde)
Trail: 12 €
Andaina: 7 €
INSCRICIÓNS
A través da web de GaliTiming