O espírito do Nadal 2024 chega a Sandiás

O Nadal chegou ao #ConcelloDeSandiás! Este ano continuamos coa decoración de Nadal ao carón da Casa do Concello e en cada unha das aldeas.
 
En canto á ambientación e decoración, volven á Casa do Concello a casa, o tren, os coellos, os cervos, a ponte, o pescador e a emblemática Torre do Castro, símbolo do concello e tamén caixa niño para os paxaros. A decoración chegará tamén ás 18 aldeas do concello, con pequenos pero significativos motivos de Nadal que encendan a maxia e a ilusión dos veciños nestas festas.
 

Como sempre, empregaremos material de baixo custo e reciclado, modelado con entusiasmo polas brigadas do concello e coa axuda dos veciños.

Queremos que o noso concello teña un #toqueespecial nestas festas tan salientables, contribuíndo a xerar #alegría e #esperanza entre os #veciñ@s de dentro e de fóra, e dando así a benvida ao #Nadal.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.