O Nadal chegou o #ConcellodeSandiás. Este ano continuamos coa decoración navideña ao carón da Casa do Concello en por cada unha das aldeas.
En relación coa ambientación e decoración volve á casa do concello, a casa, o tren, os coellos, cervos, a ponte, o pescador e a presenza da torre do Castro, emblema simbólico do concello e tamén caixa niño para os paxaros. A decoración abarcará tamén ás 18 aldeas do concello con pequenos pero significativos motivos do Nadal que acendan a maxia e a ilusión dos veciños nestas festas. O material será como sempre de baixo custo e con material reciclado modelado de maneira entusiasta polas brigadas do concello e a axuda de veciños.
Queremos que o noso concello teña un toque especial nestas festas tan salientables que contribúa a xerar alegría e esperanza entre os veciñ@s de dentro e de fora e dar a benvida ao Nadal.
Fotos: José Manuel e Pepe Gándara