O Mago Teto co Camiño do Afiador: A maxia feita con humor, personalidade, técnica e retornando a esencia do ilusionismo

Grazas de novo ao Mago Teto pola súa interpretración maxistral, e tamén ás preto de 90 persoas asistentes, rapaces e maiores que se implicaron no espectáculo coa participación directa e os aplausos.

O espectáculo de maxia xirou en torno o camiño do afiador e dunha roda de afiar herdada dos seus ancestros. Co “Camiño do Afiador” retorna a esencia do ilusionismo cos efectos de maxia de cerca, grandes ilusións, mentalismo e manipulación de obxectos como o corazón da mazá, o parto do periódico, a espada do mariscal Pardo de Cela,  xogos de cartas imitando os dos trileiros de outrora, o pasa-pasa coa botella e a copa, a maxia en torno o paraugas e pondo o final coa clásica tormenta de neve.  Todo istes elementos mesturados con situacións surrealistas e un certo toque “irónico” e de crítica social de cando en vez.

No desenvolvemento do espectáculo gústalle implicar directamente ao público, xogar coas emocións dos asistentes e introducir a improvisación de maneira constante. Moitas historias e aventuras doutros tempos son postas en escena coa axuda do ilusionismo.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?