O “MINDFUNDES COMO ALIADO PARA O BENESTAR EMOCIONAL” NO PROGRAMA ROSALÍA EN SANDIÁS.

Grazas ás 11 persoas que participaron o martes 2 de Setembro no Obradoiro sobre “Mindfundes como aliado. Benestar emocional” animado por Carmen Rodríguez. O obradoiro desenvolveuse durante case dúas horas cun intercambio enriquecedor.

 

No obradoiro consistente nunha terapia a través da meditación fíxose un achegamento a como descubrir outro xeito de entender e integrar o estrés, a ansiedade, a enfermidade o sufrimento… a través da observación e da atención plena fomentando o autocoidado e a autocompaixón e axudando a xestionar as emocións. Houbo unha parte teórica e outra práctica.

 

O Mindfulness, estar no aquí e no agora, permite que te observes a ti e que vexas ao resto das persoas cun maior nivel de comprensión e compaixón. Un maior nivel de conciencia sempre vai acompañado dun maior nivel de compaixón. Para axudar a ter un maior nivel de conciencia da verdadeira esencia do Ser, a meditación entendida como introspección é imprescindible para coidarse e recargar enerxías.

 

O Programa Rosalia desenvólvese nos concellos de Sandiás, Concello de Xunqueira de Ambía Rairiz de Veiga e Concello de Vilar de Barrio. Para todas as mulleres da Comarca da Limia!.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.