O mosteiro de Trandeiras: centro dun proxecto de capacitación para a sostenibilidade dos ecosistemas, da agrobiodiversidade e do ecoturismo

Autoría da fotografía: @claro_drone

Nun proxecto conxunto con Xinzo, Sandiás, Vilar de Barrio, e Vilar de Santos, enviado ao <Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico>, Trandeiras perfilase como o centro dun proxecto de desenvolvemento sostible valorado en máis de 46 millóns de Euros e que implicaría unha significativa aportación supramunicipal.

Trátase dun plan enmarcado na convocatoria de proxectos tractores coa finalidade de afrontar a loita contra a despoboación e a preservación dos ecosistemas naturais.  A inciativa concrétase nun proxecto innovador de capaciación de mozos en tres eixos: explotación racional dos ecosistemas, promover o turismo e incentivar a actividade económica fomentando a sostenibilidade e agrobiodiversidade nunha comarca marcadamente agrícola e gandeira.

Nos acordos de colaboración entre os concellos implicados, Sandiás achega os terreos onde se sitúan as charcas de explotación das areeiras de cara a unha nova xestión ambiental e turística. Como indica o alcalde, Felipe Traveso, “queremos poñer en valor a fauna e flora do concello, especialmente na área das areeiras e sacarlle partido a nivel lúdico e de aprendizaxe”.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?