O Nadal máis máxico con Xosé Rivera. Déixate ilusionar este Nadal en Sandiás

Cunha traxectoria de máis de 20 anos como ilusionista, Xosé Rivera é un mago versátil e experimentado, que sabe mesturar de forma perfecta o asombro e o humor, ofrecendo shows onde non da ao público un momento de respiro. Os seus espectáculos achegan momentos irrepetibles e, sobre todo, leva a ilusión tanto a nenos como a maiores. Ademais é membro fundador do Círculo Máxico Auriense C.M.A. e membro da Sociedade Española de Ilusionismo S.E.I.

Presentamos o show do ilusionista ourensán para este Nadal no concello de Sandiás: un espectáculo cheo de luz e cor, maxia e ilusión, risas e emoción. Unha función marabillosa para que toda a familia goce da maxia deste nadal. Un espectáculo do grande ilusionista ourensán cheo de luz e cor, onde a area non se molla, as botellas multiplícanse unha e outra vez, onde caixas máxicas agochan segredos prezados e moito máis. Onde ou humor e as interaccións con público son parte fundamental do espectáculo.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.