O Nadal máis máxico en Sandiás con José Rivera. A arte de enganar e que ao enganado lle guste e ilusione

Grazas ao medio centenar de veciños e veciñas, especialmente os máis pequenos que participaron hoxe no Nadal Máxico de José Rivera.

Foi un espectáculo cheo de maxia e ilusión, risas e emoción. Unha función maravillosa para que toda a familia desfrute da maxia deste Nadal. Un espectáculo do grande ilusionista ourensán onde hai caixas máxicas que esconden obxectos prezados, queixos que se transforman en ratos, mapaches como Toribio que se converten en adivinos, dados xigantes que viaxan e desaparecen mediante unha máquina de teletransporte, xogos de paus chineses, as catro moedas e onde o humor e as interaccións co público infantil e adulto son parte fundamental do espectáculo.

Cunha traxectoria de máis de 20 anos como ilusionista, Xosé Rivera é un mago experimentado e versátil, que sabe mesturar de forma perfecta o asombro e o humor, ofrecendo shows onde non da ao público un momento de respiro. E aínda máis, un mago que fai trucos e os explica.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.