A exposición que leva por título “O ollo da agulla. Creando e diseñando coas nosas mans” que se mostra na Sala da Casa da Cultura de Sandiás consta dunha exposición de trinta pezas de roupa en maniquíes, exposición de vainicas e bordados, reproducción dun obradoiro do oficio artesanal da costura dos anos 50 e outro actual e péchase cuns petiscos no Local Social do Concello de Sandiás. A exposición é froito do Obradoiro de Costura que se desenvolveu no Local Social animado por Geni Losada e que contou con 24 persoas participantes que puxeron a proba a súa iniciativa e creatividade cos seus proxectos de patronaxe e confección.
A inauguración será o sábado, 26 de Outubro ás 19.00 h na Sala de Exposicións da Casa de Cultura (Concello de Sandiás). Estará dispoñible para visitar ata o 23 de Novembro. Aberto os Mércores e Sábados dende as 19.00 h ata as 20.00 h.
Aproveitando o obradoiro de costura, Geni Losada adicou tempo tamén a reproducción dun taller deste oficio artesanal nos anos 50 e 60 en homenaxe aos xastres e as costureiras da época. Sin pretender nombrar a todos e todas, podemos deixar constancia de xastres como Enrique Montero, Xosé Gándara (“O Xastre”) e Pepe Gómez de Piñeira de Arcos; Francisco Teijeiro e David Blanco de Vilariño das Poldras; Xosé Quintas da aldea de Sandiás e costureiras como Raquel Prieto, María Feijóo (“A Muiñeira”), Josefa Rivero (“ A Manganta”), Carmen Manso (“ Punteira”) e Francisca (“A Muda”) da aldea de Piñeira de Arcos; Nieves Pérez, Maruja e Josefa da aldea da Corga; Cristalina Fernández e Francisca da aldea de Arcos; Dina Feijóo e Asunción da aldea de Sandiás; Mercedes da aldea do Castro; Dorinda Morán e Encarnación García da aldea de Cerrredelo; Bernardina, Trinidad García e Julia Teijeiro da aldea de Vilariño das Poldras; Gracia Teijeiro da aldea de Couso de Limia; Mercedes da aldea do Castro, Generosa da aldea da Fontela, etc.
Tense xa desde moi antigo constancia do traballo de coser feito por mulleres e homes no concello. Os talleres ou a casa eran lugares de traballo mais tamén de risas e confidencias, mundos e espazos para aprender novos saberes e tamén para mirar o mundo.
A maior parte das veces este oficio realizábase traballando polas casas. Certas casas solían pedir ao mesmo tempo o xastre e a costureira. Se ías traballar así era bo contar cunha máquina de coser. Xa en 1876, no semanario O Tío Marcos d’a Portela, aparecía un anuncio en galego falando da máquina de coser Singer e ofertando grandes descontos na venda ao contado. Nos anos 50 e 60, tamén comeza a haber homes e especialmente mulleres que traballan na casa cosendo para unha fábrica que lles daba as pezas xa cortadas…
A xente corrente, nas aldeas, tiña un roupeiro moi escaso e evitaban cámbialo dándolle tiróns as perneiras, rifando as nais cos nenos si traían a roupa estragada, lavaban as camisas aparte, usábanse mandilóns, blusas e monos para non manchar a roupa, tinguían de negro e abrigábanse máis no inverno. Tamén estaba moi espallada a “cultura do remendo” habendo ata cestos de remendos.