O pai de Sandiás na escolina apícola da abelliña azul: achegar as novas xeracións o fascinante mundo das abellas e reforzar a cooperación como nunha colmea

Unha experiencia preciosa na Abelliña azul. O Mel da Inés. A xornada comezou cun conta-contos.  Máis tarde no tendal, os participantes seguiron con atención as explicacións sobre as abellas, o mel, o pole e o funcionamento das colmeas.  Tamén tiveron ocasión de observar de preto a cera e realizar unha degustación de diferentes meles. Fixeron unha pausa para a merenda e comezaron a investigar o bosque autóctono galego acompañando a experiencia coa visita ás colmeas. Os peques e familiares gozaron dun día cheo de descubrimientos.

A experiencia tivo como obxectivo reconectar coa natureza, achegar as novas xeracións ao fascinante mundo das abellas, fomentar o respecto polo bosque autóctono e reforzar os valores de cooperación como nunha colmea.  Agradecerlle a Inés o agarimo co que nos recibiu, paciencia e hospitalidad e, unhas instalacións fermosas e acolledoras.

Unha experiencia de aprendizaxe vivencia con traxes apícolas adaptados, enfoque lúdico-didáctico cheo de xogos, manualidades e degustacións.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.