O PODER DO EXERCICIO FISICO NO COIDADO DAS MULLERES.SESIÓN DO PROGRAMA ROSALIA EN SANDIÁS

Un espazo para conectar co corpo, mellorar o benestar e reforzar a autoestima dende unha perspectiva feminista. Grazas ás oito persoas que participaron na sesión.
 
A encargada da charla foi Marian profesora na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte en Pontevedra da Universidade de Vigo.Falaron e compartiron dudas e informacións durante dúas horas.
 
Tratouse a importancia do exercicio o longo da vida da muller para o seu coidado e mellora do seu benestar e reforzo da sua autoestima. Tamén o efecto do exercicio a nivel óseo, cardiolóxico , circulatorio.
 
 A importancia da dieta e do exercicio no periodo entre os once anos e os vinte mais ou menos xa que supón o tempo en que o noso corpo acumula reservas e fai unha despensa para o resto da noso vida. O seguir facendo exercicio e coidarse durante toda a noso vida implica que esa despensa non se vacíe.
Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?