Compartimos convosco unha nova actividade do Programa Rosalía, centrada nesta ocasión na sexualidade e na saúde das mulleres.
Baixo o título “Conversando sobre a nosa sexualidade”, propoñemos un espazo próximo e participativo no que poderemos falar con naturalidade sobre sexualidade, benestar, autocoidado e saúde feminina, resolver dúbidas e compartir inquedanzas que moitas veces non atopan un lugar no que abordarse abertamente.
📅 20 de agosto
🕕 18.00 horas
📍 Casa da Cultura de Sandiás
A actividade é totalmente de balde e está pensada como un espazo de confianza no que falar, aprender e coñecer mellor o noso corpo, a nosa sexualidade e a nosa saúde.