O PROGRAMA ROSALIA PECHA COA VISITA A EMPRESA EXTRACO E MISTURAS

A visita desenvolveuse o luns día 29 ás 11:30h cun grupo de mulleres usuarias do programa  Rosalía executado pola “Red Talento Consultoras” con varios concellos, entre eles o de Sandiás. O Programa quixo rematar cunha visita a unhas empresas da provincia que neste caso son empresas dun sector masculinizado como o da construción pero que contan con medidas para aumentar a contratación de mulleres e loitar contra a discriminación como é Extraco e Misturas.

 

Nesta visita que atenderon a xefa de calidade e a xefa xurídica da empresa aproveitouse tamén para deixar os CV e coñecer o funcionamento interno dunha empresa. Agradécese a información e o  asesoramento de Carina Fernández e María Listón, profesionais concienciadas e implicadas en sacar adiante políticas de igualdade na empresa.

 

Programa Rosalia no Concello de Sandiás, Concello de Xunqueira de Ambía Rairiz de Veiga e Concello de Vilar de Barrio. Para todas as mulleres da  Comarca da Limia!

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.