O proxecto cultural de animación lectora «A Furgoteca» comezou a andaina en Sandiás

O pasado venres, 10 de xaneiro, comezou no Concello de Sandiás o servizo de animación lectora “A Furgoteca” da Xunta de Galicia. Entre as 10:30 e as 11:00 horas, o servizo recibiu aos pequenos do Punto de Atención Infantil (PAI) e ao alumnado da etapa de infantil do CEIP, que visitaron a Furgoteca acompañados polos seus educadores.

Os máis pequeniños do PAI disfrutaron da narración dun conto precioso, mentres os nenos e nenas da etapa de infantil participaron na lectura do libro Superheroes en apuros, concretamente do conto Tiritas para o corazón. Ademais, tiveron a oportunidade de experimentar o aroma da lavanda, que mellora as emocións ao estar en contacto coa natureza.

De 11:00 a 12:00 horas, a Furgoteca visitou ao alumnado de primaria do CEIP de Sandiás, que participou por grupos na dinámica “Tira o dado”. Os rapaces prepararon o dado e crearon historias baseadas nos resultados.

Finalmente, entre as 12:30 e as 14:00 horas, a Furgoteca, situada ao carón da casa do Concello, atendeu aos mozos e adultos que quixeron coñecer máis sobre os servizos ofrecidos: creación de carnés de usuario, préstamo de libros, prensa, publicacións periódicas, videoxogos, tablets, películas en DVD, recomendacións de lecturas e moito máis.

Nas próximas semanas, publicarase o itinerario 2025 da Furgoteca, que achegará estes recursos gratuítos ás 18 aldeas do Concello de Sandiás.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?