Obradoiro de adornos, panxoliñas, música, malabares e humor co Peque-Disco MOC-MOC no Festival de Nadal 2024 en Sandiás.

O venres, 20 de Decembro dende as 17.30 h ata ás 19.00 h no Local Social e no Salón de Actos do Concello a festa para os máis cativos estará protagonizada polos máis pequenos do Punto de  Infantil (PAI) en compañía das familias, os alumnos do CEIP de Sandiás coa colaboración da AMPA e do Concello que interpretarán unha panxoliña.

 Ademáis dun interesante e práctico obradoiro de adornos de Nadal, xincana e panxolinas preparadas polos cativ@s e a presenza do Papa Noel con sorpresas para a cativada, animará o ambiente o Peque-Disco MOC-MOC by DJ MeRe Clown cunha fantástica velada-show de música infantil rock, hip hop, techno…, circo con malabares e humor. E todo iso aderezado cun equipo de iluminación disco, máquina de fume,pompas de xabón e confeti.  Esta última actuación tamén está aberta a veciños e veciñas do concello que queiran participar.

Unha boa maneira de comezar as festas do Nadal con alegría, boa compaña, tecer comunidade e tomar un pinchiño.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?