Obradoiro de costura en Sandiás

  • Horario: xoves, 25 de abril de 18.00 h- 20.00 h. O grupo decidirá cal será o horario fixo.
  • Lugar: Local Social do Concello de Sandiás.

Inscrición ata o 25 de Abril no teléfono do Concello: 988 46 50 01 

 

Un espazo de calma no que guiad@s por Geni Losada os participantes porán a proba a súa iniciativa e creatividade cos seus proxectos de patronaxe e confección.

 O obradoiro ten como finalidade lograr dominar o trazado dos patróns, o corte das pezas e controlar o uso das ferramentas de costura máis importantes. Tamén adaptar modelos segundo as tallas e  aprender a realizar todo tipo de arranxos e modernización de pezas.

 A práctica da costura ten tamén efectos moi beneficiosos para a persoa pois obriga a desenvolver capacidades cognitivas variadas para a súa realización.  Por exemplo, fomenta a orientación no tempo e no espazo e a súa vez traballa a resolución creativa de problemas que se presentan coas pezas, a atención e  a concentración na tarefa.

De seguro que pronto nos ensinarán as primeiras pezas creadas.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.