Obradoiro de manualidades, panxoliñas do pai, o apalpador e a nena sen medo e moitas sorpresas no festival de nadal 2025 en Sandiás

O venres, 19 de Decembro dende as 17.30 h ata ás 19.00 h no Local Social e no Salón de Actos do Concello a festa para os máis cativos estará protagonizada polos máis pequenos do Punto de Infantil (PAI) en compañía das familias coa colaboración da AMPA e do Concello.

Ademáis dun interesante e práctico obradoiro de manualidades de Nadal (bolas de neve, guirnaldas, adornos con pasta modelar), e panxoliñas preparadas polos cativ@s e a presenza do Papa Noel con sorpresas para a cativada, animará o ambiente un contancontos con teatro de monicreques “O Apalpador e a nena sen  medo” do grupo A Xanela do Maxin. O Apalpador trae cada ano desde o Courel castañas, presentes e aquilo que non temos. Por iso a Nena sen medo lle escribiu unha carta moi especial, pedíndolle o que a ela lle faltaba, o seu desexo: palabras para encher o corazón e coas que poder voar en soños. Palabras en galego. 

Esta última actuación ás 19.000 h no salón de Actos do Concello de Sandiás tamén está aberta a veciños e veciñas  do concello de todas as idades que queiran participar.

Unha boa maneira de comezar as festas do Nadal con alegría, boa compaña, tecendo comunidade e tomando uns petiscos no Local Social.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?