Obradoiro de pilates e ioga terapéutico no programa Rosalía en Sandiás. Por un modo de vivir máis equilibrado e saudable

Grazas ás preto de 20 persoas que participaron o luns 1 de Xullo na terceira sesión do programa Rosalía no Concello de Sandiás. A sesión virou ao redor dun Obradoiro de Pilates e Ioga Terapéutico animado por Carmen.

A animadora insistiu na importancia da postura do corpo, a respiración, o equilibrio. Realizou tamén unha introdución ao Mindfulness ou a forma de estar atentos de forma intencional ao que facemos sen xulgar.

O benestar e a saúde son elementos esenciais para crear sociedades felices. E nisto ten parte que ver a práctica de pilates e o ioga terapéutico. Ditas prácticas  teñen como obxectivo fortalecer o corpo e a mente desde a parte máis profunda á máis superficial, aumentando e unindo o dinamismo e a forza muscular co control mental, a relaxación e a respiración. É unha disciplina que combina técnicas de ximnasia, ballet e ioga. Pode ser practicada por persoas de diferentes idades e proporciona melloras físicas, mentais e espirituais contribuíndo a unha vida máis equilibrada e saudable.

O Programa Rosalia desenvólvese nos concellos de Sandiás, Concello de Xunqueira de Ambía Rairiz de Veiga e Concello de Vilar de Barrio. Para todas as mulleres da ComarcadaLimia!.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.