Obradoiro sobre a saúde mental como un  asunto colectivo no programa Rosalía en Sandiás

Grazas as 15 veciñas que participaron no obradoiro sobre saúde mental que tivo lugar o pasado luns 22 de xullo ás 18.00 h no salón de actos do Concello de Sandiás.

Ante unha sociedade moi marcada polo estrés, a ansiedade, o sufrimento, a depresión… o autocuidado e a necesidade dunha boa rede social de comunicación son claves para mellorar o benestar emocional e mental. O obradoiro foi impartido pola psicóloga do Programa Rosalía, Bea García-Valdecasas. Preto de dúas horas reflexionando sobre a saúde mental das  mulleres e compartindo opinións e experiencias sobre como se valoran a se mesmas e a influencia da saúde mental na saúde física.

O Programa Rosalia desenvólvese nos concellos de Sandiás, Concello de Xunqueira de Ambía Rairiz de Veiga e Concello de Vilar de Barrio. Para todas as mulleres da Comarca da Limia!.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.