Son obras complementarias para a mellora da EDAR que se instalou na aldea de Cerredelo no seu día dado que durante a explotación da instalación detectáronse problemas de funcionamento en relación co caudal de entrada (elevado caudal con augas limpas moi superior ao deseño de instalación), o sistema de infiltración non era capaz de asumir o caudal excesivo e, por último, atranques debido á presenza masiva de toalliñas.
O orzamento base de licitación ascendeu a 60. 819, 40 euros euros cun importe do IVE de 10.555,43 Euros. A empresa adxudicataria que levou a cabo as obras foi EXPLOTACIÓNS MEDIOAMBIENTAIS. S.L.
Nas actividades complementarias para a mellora da EDAR incluíronse traballos previos como limpeza, roza, inspección e limpeza de colectores existentes dentro da parcela da EDAR e a demolición do bordo enfronte do pozo de grosos. A continuación leváronse a cabo os movementos de terras par a construción do novo pozo de interceptación, o novo pozo de grosos de formigón armado e o colector de alivio.
Respecto do pozo de interceptación, para poder derivar o caudal de entrada cara a un novo pozo de grosos foi necesario realizar un novo pozo de formigón para interceptar o colector xeral antes da chegada do colector ao pozo de entrada existente antes da arqueta de entrada á EDAR.
Respecto da construción do pozo de grosos construirase á entrada da EDAR a modo de tratamento primario e no colector de entrada dispúxose dun cestón de grosos e para permitir a regulación do caudal dispúxose de dúas comportas murais manuais para control do caudal de entrada na depuradora e de saída cara ao alivio realizadas en aceiro.
Respecto do colector de alivio dispúxose un novo colector duns 200 metros de lonxitude ata a vagoada máis próxima. O colector realizouse con tubaxe corrugada seguindo o trazado do camiño público con pozos de rexistro de 100 cm de diámetro realizados de formigón e con tapa de fundición. Ao final do coleptor dispúxose unha arqueta para rotura de carga antes da vertedura directa do efluente.