Obras na estrada entre as aldeas de Couso da Limia e Cerredelo

concello-de-sandias-obras-couso-cerredelo-agosto-2021-1

Froito do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Sandiás, leváronse a cabo as obras da estrada que comunica a aldea de Couso de Limia coa aldea de Cerredelo, no Concello de Sandiás.  Este proxecto contou cun orzamento de 30081,21 €, que corre ó 100% por conta da Consellería. Foi licitada e adxudicada á empresa CONSTRUCCIONES Y EXCAVACIONES CRUZ VAL, SL.

O obxectivo desta actuación foi principalmente a limpeza de cunetas e o alfaltado da estrada para lograr unha mellor calidade do servizo á poboación e satisfacer a demanda existente. O Concello de Sandiás está inmerso ultimamente en varias obras de mellora en materia de abastecemento e saneamento coa finalidade de renovar as redes de saneamento e abastecemento deterioradas co tempo, así como o arranxo de pistas, camiños e obras en rúas e estradas de diversas aldeas.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?