Oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal

Mediante Resolución da Alcaldía, do día 12 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal, que cumpre as previsións da Lei 20/2021 do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, correspondente ás prazas que a continuación se apuntan:

Persoal laboral:

Grupo de clasificación; Categoría laboral; Situación; N.º de Prazas; Sistema de Acceso

II; Mestra infantil; Ocupada; 1; Concurso

II; Axente de emprego e desenvolvemento local; ocupada; 1; Concurso

II; Traballador/a social; ocupada; 1; Concurso-oposición

IV; Coidadora-auxiliar infantil; Ocupada; 5; Concurso

V; Auxiliar de servizos varios; Ocupada; 1; Concurso

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de Sandiás.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente ou recurso de reposición potestativo ante o alcalde, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio.

Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se puidese estimar máis conveniente ao seu dereito.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?