Cando: Venres, 14 de Novembro
Onde: Salón de Actos da Casa de Cultura de Sandiás
Hora: 11.45 h
Neste teatro de monicreques, Pili Bolechas decide converterse nunha «muller orquestra» e construír un escenario musical cos seus instrumentos para ofrecer un gran concerto, a pesar de que ningún de seus irmáns parece estar moi convencido. Carlos non quere tocar o bombo, Loli non quere tocar os pratos, Braulio non quere tocar o trombón, Sonia non quere tocar o clarinete… Sonia ten unha idea para resolver esta enleada! A medida que as melodías do tambor, a guitarra, o piano ou a frauta soan, as nenas e os nenos aprenderán os diferentes estilos musicais e participarán coa familia nas súas propias cancións. O obxectivo deste espectáculo é experimentar cos instrumentos e crear novos ritmos entre a cativada, ao mesmo tempo que fomentan o uso do idioma.
Esta iniciativa enmárcase dentro do FalaRedes, un programa de dinamización lingüística da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia que pretende promocionar o uso do galego e ampliar a oferta de ocio no noso idioma. O espectáculo teatral está orientado a motivar o coñecemento do galego, ao mesmo tempo que se reforza a música como un elemento de conexión entre as persoas.
Bombo, pratos, trombón, clarinete, saxofón, frauta… Pili pode con todo na teima de armar unha banda de música!
Carlos non quere tocar o bombo, Loli non quere tocar os pratos, Braulio non quere tocar o trombón, Sonia non quere tocar o clarinete… Sonia ten unha idea para resolver esta enleada!
09/11/25 | 18:00 h
Auditorio Municipal | Catoira
https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/axenda
08/11/25 | 18:00
No marco do programa de dinamización FalaRedes da Secretaría Xeral da Lingua para a Rede de Dinamización Lingüística (RDL), gustaríanos programar, en colaboración co teu concello, esta nova proposta de teatro con monicreques dos Bolechas, A muller orquestra.
Esta proposta para público infantil e familiar vai sementar o concello de música e alegría con este argumento de colaboración e superación. A nosa querida Pili ten unha idea xenial. Vai facer unha banda de música! Desas que desfilan tocando polas festas. Pero ten un problema. Carlos non quere tocar o bombo, Loli non quere tocar os pratos, Braulio non quere tocar o trombón, Sonia non quere tocar o clarinete e Tatá e Chispa non saben tocar. Que vai facer, logo?
. Nos próximos días poñeranse en contacto con vós desde a compañía para pechar a data e local.