Os máis cativos do Concello e adultos recuperan por cuarto ano a tradición de cantar os reis na aldea de vilariño das poldras

Cantáronse o Domingo, 4 de xaneiro. Contamos coa presenza da familia do Cdr O Viso , fantásticos animadores comunitarios do centro de desenvolvemento rural.

Nos próximos anos iremos visitando o resto das aldeas do Concello e xa quedaron elexidas as aldeas de As Pegas, O Castro e Cerredelo. Convidamos aos veciñ@s que participen e canten.

Este ano tivenos alta participación. Moitas grazas aos 36 nenos e nenas, pais e nais do Ceip de Sandiás e do PAI (Punto Infantil)  para animar e participar da Festa.

No aparcamento do Bar Xestal houbo un ensaio previo e Lucía do Cdr O Viso preparou as letras e a música dos Cantos de Reis e quentamos voces.

Este é o cuarto ano no que intentamos asentar dita tradición nas xoves xeracións.

 A acollida foi moi boa e déronnos de aguinaldo doces de reis, chocolate, cafés, bombóns, piruletas, caramelos e ata diñeiro.

O “Cantar os Reis” ou “Aguinaldos” foi sempre unha tradición habitual do Nadal Limiao. Íase a cantar polas casas e grupos de moz@s e nen@s percorrían na parroquia distintas aldeas cantando pezas de literatura popular transmitidas oralmente. A cambio do seu cantar solicitábase un aguinaldo, xeralmente en especie (doces, lambetadas, chourizos…) que despois se consumía nunha foliada.

Recuperar os Cantos de Reis ten moitas ventaxas para a comunidade xa que participa a veciñanza, dáse o encontro interxeracional e foméntase o sentido de pertenza.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?